O 2 de abril é un día especial para os libros. Celebramos a literatura infantil e xuvenil. E porque nesta xornada? Pois porque é o aniversario do nacemento dun autor fundamental: o dinamarqués
.
O soldadiño de chumbo, a pequena serea ou o emperador que desfilaba espido son algúns dos personaxes máis famosos que saíron da pluma de Andersen. Na biblioteca do colexio temos hoxe nun lugar destacado dous títulos seus: La tetera e La pequeña cerillera. Vellos contos que aínda esperan unha man nova para amosar todo o que levan no interior. Por que non os miras?
Comments