top of page

Espazo ALFIN

BIBLIO_BAIÓN.png

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO

​

Nesta web vas atopar axuda para obter información valiosa que te permita seguir aprendendo.

 

Vai ser como unha especie de mapa para orientarte nun mundo inmenso no que non todo é información.

 

Imos axudarte a identificar as falsidades que circulan polas redes e que fan moito dano.

​

Imos proporcionar fontes fiables para que poidas levar adiante as investigacións que ti queiras facer.

​

​

​

ENTRA

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

​

A alfabetización mediática e informacional é un obxectivo esencial no noso proxecto. Consiste en axudar os nosos rapaces a desenvolver destrezas e actitudes para a busca, selección, e análise da información e para a súa posterior síntese e difusión en diversos soportes.

​

Na alfabetización informacional tamén resulta fundamental aprender a contrastar a información, analizar a súa veracidade e, en definitiva, desenvolver o espírito crítico e creativo, ingredientes básicos dunha cidadanía activa e responsable neste século XXI no que nos toca vivir.

INFORMACIÓN PARA O PROFESORADO

​

O espazo ALFIN está destinado a proporcionar a todo o alumnado recursos valiosos para as competencias relacionadas coa busca, selección e tratamento da información.

Seguindo a Clasificación Decimal Universal (CDU) dispoñemos de ligazóns a recursos que deben recoller información fiable e rigurosa.

+ RECURSOS

​

Estrategias para buscar en internet (Educar - Gobierno de Argentina)

bottom of page