top of page
Reforma BB.png
A REFORMA

Non lembramos no colexio verán máis atarefado que o do ano 2018. E as tarefas non consistiron só en derrubar a parte central dun tabique, senón na reforma completa dos dous espazos que agora quedan felizmente unidos.

O antigo laboratorio e a aula de inglés conforman desde este curso un novo salón dunha lonxitude próxima aos 20 metros. Máis que eliminar o laboratorio a idea é integralo nun novo espazo maker ligado á biblioteca que xa viña existindo. É a área para a experimentación e a elaboración de proxectos pero tamén para a expresión artística e mediática.

As obras no laboratorio foron arduas pois houbo que retirar todos os mesados de canteira co fin de deixar un espazo liberado que sería máis tarde ocupado con mesas de traballo axeitadas. Precisábase tamén unha billa e unha pila para limpeza de utensilios ademais doutro mobiliario de almacenaxe.

espazomaker.jpg
IMG_20190116_090630.jpg
bottom of page