top of page

Chris Fito

Cardio con Cristina

9:00 am

14 de enero de 2017

Cuéntale a la gente más sobre las clases que ofreces. Agrega imágenes, texto y enlaces; o conecta datos de tu colección para mostrar contenido dinámico.

Jazmín Ort

Boxeo con Jazmín

9:30 am

14 de enero de 2017

Cuéntale a la gente más sobre las clases que ofreces. Agrega imágenes, texto y enlaces; o conecta datos de tu colección para mostrar contenido dinámico.

Mauro Paz

Levantamiento de pesas

10:00 am

14 de enero de 2017

Cuéntale a la gente más sobre las clases que ofreces. Agrega imágenes, texto y enlaces; o conecta datos de tu colección para mostrar contenido dinámico.

bombeiros accion.jpg

Felipe López

fl.jpg

Os bombeiros en acción

Yi-Huan Wu 

27 de marzo do 2019

Este libro explícalle aos pequenos como é o camión de bombeiros e que cousas ten dentro. Tamén explica como fan para apagar os incendios, etc. Anímate a lelo.

​

​

inventario dinosauros.jpg

Xela Puga

xpv.jpg

Inventario de dinosauros

Virginie Aladjidi | Emmanuelle Tchoukriel 

27 de marzo do 2019

Unha selección de dinosauros con toda a información que poidas encontrar. Recomendado aos que lles gustan os dinosauros. Poderás descubrir o ano, en que tempo, se eran carnívoros ou omnívoros, canto medían, canto pesaban, con debuxos moi bonitos e os nomes científicos. É un libro impresionante, con sitios para visitar. É moi chulo

oso piano.jpg

Brais López

blp.jpg

O oso e o piano

David Litchfield

27 de marzo do 2019

Este libro trata dun oso que encontra un piano nun bosque. Cada día volve para tocar ata que un día empezou a tocalo perfectamente e todos os osos e familiares vírono tocar. Un día unha nena invitouno á cidade para tocar. Ven a velo á biblioteca

IMG_20190312_112518.jpg

David Paz

IMG_20190112_162141.jpg

El globo rojo en la lluvia

Ricardo Liniers 

12 de marzo do 2019

Non cabe dúbida de que o arxentino Ricardo Liniers é na actualidade un dos nomes máis destacados na banda deseñada tanto para adultos como para nenas e nenos. O título que agora comentamos é un pequeno álbum que relata unha historia sinxela pero de maneira moi fermosa. Como Liniers adoita facer. Un conto para antes de durmir, un conto para saborear en compañía.

IMG_20190213_092957_1.jpg

David Paz

IMG_20190112_162141.jpg

El caso del reloj de 1812

Javier Fonseca

12 de febreiro do 2019

O xénero policiaco ten desde hoxe un novo membro na nosa biblioteca. Trátase dunha nena que quere ser detective e que, con axuda, buscará resolver un caso situado no mesmo día en que se aprobou a primeira constitución de España. Ademais de para entreterse, este libro vale de axuda para aprender máis inglés.

a colmea.jpg

Alejandro Adrio

Pita-contorneada-redux.png

A colmea

Petra Bartíková | Martin Sojdr

27 de marzo do 2019

Imaxina que es unha abella e pasas un día na colmea. En primavera irías de flor en flor. Divertiríaste collendo pole. Se che gustan as abellas gustarache este libro.

​

​

op frankenstein.jpg

Martina de la Barrera

mbv.jpg

Operación Frankenstein

Fermín Solís

27 de marzo do 2019

Este libro trata de tres irmáns que son Boris, Víctor e máis Elsa. Todos axudan nas tarefas da casa. Boris baixa o lixo. Un día baixando o lixo encontrou un corpo e un brazo e se lles ocorre facer un boneco dun... personaxe. Terás que lelo para descubrilo pero tiveron que ir por casas a polos materiais. Que pasará...?

profe monstro.jpg

Álex César

acr.jpg

A miña profe é un monstro!

Peter Brown 

27 de marzo do 2019

O conto trata dun neno chamado Brais que ten un problema e o seu problema é que a súa profe é un monstro. Pero cando ten tempo libre, Brais está no parque. Pero un día, de camiño ao seu lugar favorito, Brais levou un susto enorme. Ás veces os monstros non son o que aparentan.

Los diarios de Cereza.jpg

David Paz

IMG_20190112_162141.jpg

El zoo petrificado

Joris Chamblain | Aurélie Neyret

15 de febreiro do 2019

No xénero da banda deseñada hai cada vez máis onde escoller. Xa é posible atopar un cómic para cada idade e para cada gusto. Os diarios de Cereixa, do que acabamos de adquirir dous números, son obra de Joris Chamblain e Aurélie Neyret, dúas figuras emerxentes da escena literaria francesa.

vidasa.jpg

Carmen Mariño

cmb.jpg

Vida sá

María Corbacho | Enrique López 

27 de marzo do 2019

Trata de hábitos saudables para unha vida sá e conta a vida dunha muller que antes non tiña unha vida sá. Conta hábitos que ela seguiu para levar unha vida saudable, como a que hora deitarse, comidas saudables, facer exercicio, etc. Inclúe receitas que podes facer ti na casa.

diversidad.jpg

Benjamín Casal

bcg.jpg

Diversidad. Somos diferentes, únicos y especiales

Varios autores

27 de marzo do 2019

Este libro está feito a medida para intentar parar as pelexas e o bullying. O conto fala bondadosamente de evitar a guerra no cole. Trae un xogo para descubrir o que pensan os demais. O xogo chámase "Ponte en mi lugar".

IMG_20190315_110344.jpg

David Paz

IMG_20190112_162141.jpg

El capitán Pug: El perro que surcó los mares

Laura James | Églantine Ceulemans 

15 de marzo do 2019

Pug, o protagonista da triloxía de Laura James, é un can que lle ten medo á auga. Nesta primeira entrega, que acaba de chegar á nosa biblioteca, terá que resolver unha complicada situación posto que Lady Miranda está decidida a pasar o día no mar e a converter a Pug nun verdadeiro capitán.

As abundantes ilustracións xunto cun tipo de letra especialmente axeitado para os primeiros lectores axudarán a gozar desta historia e das que veñan.

IMG_20190212_220946.jpg

David Paz

IMG_20190112_162141.jpg

El gran libro de los niños malos

David Walliams | Tony Ross

12 de febreiro do 2019

David Walliams é un dos autores de maior éxito entre o público infantil. Cada unha das súas historias é traducida a multitude de idiomas e fai as delicias de nenas e nenos de todo o mundo. As ilustracións de Tony Ross son o complemento ideal para un libro disparatado na liña dos mellores de Roald Dahl.

bottom of page