top of page
IMG_20190116_090630.jpg
SERVIZO ESENCIAL 

A biblioteca escolar aspira a proporcionar un servizo esencial a toda a comunidade educativa. Na actualidade non nos podemos conformar con ser un lugar de lectura e empréstimo de libros. A biblioteca debe ser un centro de recursos para aprendizaxe, promotora de investigacións e xeradora de lectores para toda a vida.

A PITA
Pita-contorneada-redux.png

A Pita é a mascota da biblioteca. Cambia de cor segundo o seu estado de ánimo. Foi elixida por votación entre todo o alumnado do centro o 24 de outubro do 2018.

CONSELLO ESCOLAR

No curso 2018-2019 constituirase por primeira vez unha comisión de biblioteca no seo do consello escolar. Esta comisión ten atribuídas funcións de seguimento e control e nela estarán representados todos os sectores da comunidade educativa.

FORMACIÓN

O plan de formación permanente do profesorado no que participa o colexio de Baión reservou un itinerario específico destinado á xestión de bibliotecas. Este itinerario céntrase principalmente na catalogación dos fondos existentes.

PLAMBE

A biblioteca forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares (PLAMBE) desde o curso 2018-2019.

BE_web_transp_150.png
BIBLIOTECAS INCLUSIVAS

Asemade, participamos na iniciativa de bibliotecas escolares inclusivas que buscan dar resposta ás necesidades de todo o alumnado.

binclusiva_web1.jpg
bottom of page