top of page
EDLG logo.jpg

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

​

Coordinadora: M.ª Esperanza Doval

​

Membros: Marieli Álvarez, José Manuel Rodeiro e Pepe Lede

​

​

​

​

 ACTIVIDADES 

​

​

minas.png

OS RECURSOS MINERAIS

10/01/19

​

José Santiago Pozo-Antonio, profesor da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, impartiu unha interesante charla para o alumnado de quinto e sexto de primaria acerca dos recursos minerais e do seu aproveitamento. 

​

O profesor tratou de salientar que os materiais que extraemos da natureza son imprescindibles para a nosa vida cotiá. A cunca na que almorzamos ou a pasta de dentes coa que lavamos os dentes proceden de minerais. Polo tanto necesitamos buscar a maneira máis eficaz de acceder a estes materiais.

 

A outra idea esencial que destacou Santiago Pozo na súa intervención foi a necesidade de efectuar un aproveitamento sustentable dos recursos posto que algúns deles poderían esgotarse rapidamente se non facemos un uso responsable dos mesmos.

​

Ao longo da charla, que foi acompañada con vídeos e fotografías no encerado dixital, Santiago Pozo indicou que os dous minerais máis importantes para Galicia desde o punto de vista económico son o granito e a lousa.

​

​

​

​

bottom of page